Tradución ao xaponés



O idioma xaponés é unha lingua illada, falada por ao redor de 127 millóns de persoas, a totalidade da poboación de Xapón. Tamén falan este idioma os inmigrantes xaponeses en Hawai (30% da poboación), Estados Unidos e Brasil, con aproximadamente 400.000 persoas.

 

Todos os nosos tradutores especializados en xaponés son falantes nativos que viven e experimentan a lingua e a cultura. Para garantir que as traducións dos seus documentos en xaponés sexan o máis precisas posíbel, traballamos con tradutores con experiencia comprobada no tema dos seus textos. Ademais, para cada proxecto de tradución existe un Coordinador de proxectos que se ocupa de designar os tradutores, editores ou profesionais lingüísticos necesarios para garantir a calidade do produto final.

 

En Quills Language Services ofrecemos servizos de tradución do e ao xaponés, co fin de axudar a forxar relacións laborais exitosas entre as empresas xaponesas e o resto do mundo. Se precisa acceder ao mercado xaponés ou se é parte dunha empresa xaponesa que quere alcanzar novos mercados estranxeiros, nós temos as ferramentas precisas para satisfacer as súas necesidades de comunicación, a través dos servizos de tradución e localización apropiados.

 

En Quills Language Services ofrecemos traducións para as seguintes combinacións de xaponés, entre outras:

 

• xaponés ao alemán
• xaponés ao chinés
• xaponés ao coreano
• xaponés ao español
• xaponés ao francés
• xaponés ao italiano
• xaponés ao ingés
• xaponés ao portugués

 

Quills Language proporciona servizos de tradución do e ao xaponés nunha gran variedade de textos. Solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.