Tradución ao italiano



Por que traducir ao italiano?


O italiano é unha das linguas románicas da familia indoeuropea. Existen ao redor de 70 millóns de persoas que falan italiano: É a lingua oficial de Italia, con 55 millóns de habitantes, aos que se lle suman as persoas que falan italiano en países como Suíza, San Marino, Francia e Alemaña, entre outros.

 

Se desexa establecer relacións comerciais con empresas e persoas da comunidade italiana, debe comunicarse correctamente na súa lingua. Por iso precisa confiar nun provedor de servizos de tradución ao italiano capaz de levar a cabo cada proxecto de acordo cos seus requisitos específicos.

 

Por que escoller Quills Language Services como o seu provedor de traducións ao italiano?


• O italiano é unha das linguas nas que se especializa o noso equipo de lingüistas profesionais. As súas traducións ao italiano estarán exclusivamente a cargo de tradutores nativos con experiencia comprobada no ámbito de especialización dos seus documentos orixinais. Algunhas das áreas de especialización dos nosos tradutores italianos son: técnica, médica, legal, financeira, marketing e economía, entre outras.

 

• Unha vez que os seus documentos en italiano sexan traducidos e editados, entregaránselle no seu formato orixinal. Deste xeito, obterá un documento traducido con precisión e en perfectas condicións para utilizalo inmediatamente.

 

• A través dos nosos servizos de tradución, localización e interpretación do e ao italiano, poderá solucionar diversas necesidades de comunicación da súa empresa. tradución de manuais técnicos, documentos legais e financeiros, material promocional, contratos e acordos, folletos de produtos, localización de software e sitios web, interpretación de conferencias, etc.

 

En Quills Language Services ofrecemos traducións para as seguintes combinacións de italiano, entre outras:

 

• Italiano ao chinés
• Italiano ao alemán
• Italiano ao coreano
• Italiano ao español
• Italiano ao francés
• Italiano ao inglés
• Italiano ao xaponés
• Italiano ao portugués

 

Quills Language Services proporciona servizos de tradución, localización e interpretación en italiano. Solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.