Tradución ao francés



Por que traducir ao francés?


O francés é unha lingua románica que pertence á familia dos idiomas indoeuropeos. É a lingua oficial de Francia, aínda que tamén se fala en Bélxica, Suíza, Luxemburgo, Canadá e no norte de África. Ao redor de 300 millóns de persoas falan francés, sexa como primeira ou segunda lingua.

Ademais, o francés é utilizado por numerosas organizacións internacionais, incluídas, entre outras, a Unión Europea, as Nacións Unidas e a Cruz Vermella.

 

Por que escoller Quills Language Services como o seu provedor de traducións ao francés?


 

• O francés é unha das linguas nas que se especializa o noso equipo de lingüistas profesionais. As súas traducións ao francés realizaranas exclusivamente tradutores nativos con experiencia comprobada no ámbito de especialización dos seus documentos orixinais. Algunhas das áreas de especialización dos nosos tradutores franceses son: técnica, médica, legal, financeira, marketing e economía, entre outras.

 

• Se confía no noso equipo de tradutores profesionais, poderá comunicarse correctamente en francés e establecer relacións comerciais frutíferas con diferentes rexións do mundo. Unha vez que os seus documentos en francés sexan traducidos e editados, entregaránselle no seu formato orixinal. Deste xeito, obterá un documento traducido con precisión e en perfectas condicións para utilizalo inmediatamente.

 

• A través dos nosos servizos de tradución, localización e interpretación do e ao francés, poderá solucionar diversas necesidades de comunicación da súa empresa. tradución de manuais técnicos, documentos legais e financeiros, material promocional, contratos, folletos de produtos, localización de software e sitios web, interpretación de conferencias, etc.

 

• O noso equipo de profesionais ten en conta as particularidades do público ao que se dirixe, xa que existe unha grande diversidade de dialectos do francés. Isto fai que as traducións sexan precisas e accesíbeis para o público específico.

 

En Quills Language Services ofrecemos traducións para as seguintes combinacións de francés, entre outras:

 

• Francés ao alemán
• Francés ao chinés
• Francés ao coreano
• Francés ao español
• Francés ao inglés
• Francés ao italiano
• Francés ao xaponés
• Francés ao portugués

 


Quills Language Services proporciona servizos de tradución, localización e interpretación en francés. Solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.