Tradución ao español
Por que traducir ao español?
O español é a lingua oficial de España e da maior parte dos países de Sudamérica e Centroamérica. É a segunda lingua máis utilizada nos Estados Unidos, xa que gran parte da súa poboación é de fala hispana. Conta aproximadamente con 400 millóns de falantes nativos, converténdoa na segunda lingua do mundo, despois do chinés mandarín. Ademais, é a cuarta lingua do mundo por cantidade de persoas que falan o idioma como segunda lingua, despois do chinés mandarín, o inglés e o hindi.
É a lingua que máis se estuda como idioma estranxeiro nos países non hispánicos de América e Europa. A nivel internacional, as estatísticas demostran que o español é o terceiro idioma máis usado na Web, despois do inglés e do chinés.
España mantén importantes relacións comerciais con todo o mundo. México é unha das nacións con maior cantidade de habitantes e, ao igual que España, é un dos países máis visitados do mundo. Ademais, numerosas economías latinoamericanas comercializan os seus produtos a través de importacións e exportacións a diferentes países.
Por que escoller Quills Language Services como o seu provedor de traducións ao español?
• O español é un dos sete idiomas nos que se especializa o noso equipo de tradución. Quills Language Services pode mellorar a comunicación cas seus diversos públicos a través dos seus servizos de tradución, interpretación e localización ao español que se adaptan á medida das súas necesidades. Sexa cal sexa o mercado ao que apunta e os servizos que ofreza, o noso equipo é capaz de levar a cabo proxectos de tradución para os diferentes sectores da súa empresa: Departamento de ventas, Departamento de marketing, Departamento de Recursos Humanos, Departamento de produción, etc.
• Os nosos tradutores cualificados posúen as competencias lingüísticas necesarias para levar a cabo diferentes tipos de proxectos en español, tales como a tradución de manuais técnicos, documentación legal e financeira, material promocional, contratos e convenios, folletos de produtos, e todo tipo de documento escrito susceptible de ser comunicado a diferentes públicos.
• As traducións desde e ao español están a cargo de tradutores expertos con anos de experiencia profesional e un excelente dominio da súa lingua de orixe. Son capaces de realizar traducións precisas cun amplo vocabulario para diversas áreas de especialización, incluídas a técnica, farmacéutica, legal e financeira.
En Quills Language Services ofrecemos traducións para as seguintes combinacións de español, entre outras:
• Español ao chinés
• Español ao alemán
• Español ao francés
• Español ao coreano
• Español ao inglés
• Español ao italiano
• Español ao xaponés
• Español ao portugués
Quills Language Services proporciona servizos de tradución, localización e interpretación en español. Solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.

