Tradución ao chinés



O chinés é o idioma oficial da China, o país con máis habitantes no mundo. Uns 1.200 millóns de persoas teñen como lingua nai algunha forma do chinés: só o chinés mandarín posúe máis de 900 millóns de falantes nativos; máis que calquera outra lingua do mundo. Ao chinés séguenlle o español e o inglés en cantidade de falantes. Esta lingua tamén se fala en diferentes países como Indonesia, Singapur, Estados Unidos, Hawai, Taiwán, Hong Kong, Tailandia e Malasia, entre outros.

 

Debido á influencia do mercado da China e ao xurdimento de novas oportunidades de negocios, para moitos sectores tórnase indispensábel comunicarse de maneira fluída nesta lingua. Así, a demanda de provedores de traducións ao chinés continúa incrementando rapidamente ano tras ano.

 

Quills Language Services proporciona servizos de tradución de alta calidade ao chinés e do chinés. Consideramos que unha das aptitudes máis importantes que debe ter un provedor de servizos de tradución en chinés é coñecer os matices da lingua así como as diferenzas e características específicas dos dialectos nas distintas rexións da China.

En Quills Language Services ofrecemos traducións para as seguintes combinacións de chinés, entre outras:

 

• chinés ao alemán
• chinés ao coreano
• chinés ao español
• chinés ao francés
• chinés ao italiano
• chinés ao inglés
• chinés ao xaponés
• chinés ao portugués

 

Quills Language proporciona servizos de tradución do e ao chinés nunha gran variedade de textos. Solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.