Tradución técnica



Tradución técnica

Para traducir documentos técnicos cómpre utilizar unha terminoloxía específica correcta. Os nosos tradutores contan con coñecementos técnicos sólidos que lles permiten encargarse de todo tipo de proxectos, desde un manual técnico de 500 páxinas até un folleto descritivo de 4 páxinas.



A tradución técnica diferénciase doutros campos temáticos debido á precisión dos seus conceptos. Unha tradución imprecisa ou ambigua de especificacións técnicas podería desacreditar a imaxe corporativa dunha empresa e expoñela a situacións non desexadas.

 

Quills Language Services especialízase na tradución de documentos técnicos onde a precisión, a exactitude e a consistencia son factores especialmente importantes.

 

Os nosos tradutores cualificados e especializados en ciencia e tecnoloxía garanten unha tradución exacta e concisa de documentos técnicos en múltiples idiomas. Ademais, garantimos unha rápida entrega de proxectos no formato solicitado.

 

Ofrecemos traducions técnicas dos seguintes documentos, entre outros:

 

• Manuais técnicos

• Documentos informáticos

• Manuais de procedementos

• Informes técnicos

• Manuais de funcionamiento

 

 

 

 

Se precisa unha tradución técnica, solicite un orzamento gratuíto ou simplemente póñase en contacto connosco.