Tradución de paxinas web



Tradución de paxinas web

Na actualidade, a tradución de sitios web é unha das alternativas máis rentábeis para chegar ao público estranxeiro. Se a súa páxina web se traduce a varios idiomas, segundo o mercado ao que desexa chegar, os distintos públicos poderán atopar facilmente os seus servizos na Web, a través dos diversos motores de busca que ofrece Internet.



A comunicación co público no seu idioma de orixe é a mellor maneira de ofrecerlles exactamente o que precisan. A tradución de páxinas web esixe un dominio total do idioma de chegada e un profundo coñecemento das normas culturais dos destinatarios. Quills Language Services ofrece servizos de tradución de páxinas web a cargo de profesionais capaces de garantir que a súa páxina se vexa exactamente igual que a orixinal, ao adaptar os textos e gráficos ás normas culturais locais.

 

Para garantir que os elementos gráficos se adaptan correctamente, tamén contamos cun grupo de especialistas en maquetación ou DTP. Sexa para traducir parcial o completamente a súa páxina web, Quills Language Services conta cun equipo de profesionais con anos de experiencia no sector, que lle garante unha alta calidade nas traducións, ademais da puntualidade nos prazos de entrega.

 

 

 

 

Se ten un proxecto de tradución de páxinas web, solicite un orzamento gratuíto ou simplemente póñase en contacto connosco.