Tradución de documentos
A tradución é a arte de reproducir a intención, os matices e as sutilezas do idioma orixinal ao idioma de chegada. Os nosos tradutores logran que os documentos traducidos parezan escritos na lingua de chegada, xa que posúen o dominio total da súa lingua nai e comprenden completamente as áreas temáticas específicas. Eles tamén traballan con glosarios e dicionarios actualizados e especializados.
Os nosos lingüistas posúen unha ampla experiencia na maioría dos campos de especialización. Campos como: legal, marketing, economía/financeiro, médico/farmacéutico, Internet, técnico.
O noso equipo de tradutores está completamente capacitado para traballar con calquera tipo de texto, como por exemplo: libros, catálogos, folletos, exames médicos, prospectos, manuais de procedementos, descricións de produtos, manuais de programas, contratos, patentes, artigos, presentacións, manuais técnicos e todo tipo de documentos escritos.
Se precisa traducir documentos, solicite un orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.

