Servizos de subtitulado



Servizos de subtitulado

A subtitulación é o proceso de traducir unha narración ou diálogo de calquera tipo de documento audiovisual a un idioma distinto do orixinal ou a transcrición do diálogo ou da narración no mesmo idioma.



Os subtítulos son os textos que aparecen na parte inferior dunha imaxe e aportan información adicional sobre ésta ou traducen un diálogo. Emprégase tamén como axuda para mellorar a comprensión dun idioma ou como sustituto de diálogos e sons para persoas con dificultades auditivas.

 

Os subtítulos son comúns nas salas de cine, mentres que na televisión é común a dobraxe, a técnica audiovisual aplicada a productos cinematográficos e televisivos que consiste en substituír os diálogos dos actores nun idioma por outros diálogos de significado similar noutro idioma.

 

Vantaxes do subtitulado sobre a dobraxe:


 

  • • O subtitulado mostra respecto cara o actor ao conservar a súa voz e a súa habilidade para expresar emocións a través da súa propia voz.

  • • Permite manter a entoación, os acentos e demais características propias do idioma orixinal.

  • • Se un espectador coñece suficientemente o idioma da versión orixinal pode usar os subtítulos como axuda para a comprensión, para seguir os diálogos orixinais.

  • • Mantéñense a banda de sonido e o sonido ambiente orixinal.

  • • As persoas xordas ou con deficiencias auditivas poden mirar e comprender produtos audiovisuais subtitulados.

  • • Os subtítulos poden axudar a entender e aprender un idioma estranxeiro.


Por que escoller Quills Language Services como provedor de servizos de subtitulado?


 

Quills Language Services proporciona solucións de subtitulado que permiten que os seus produtos audiovisuais sexan comprendidos por audiencias estranxeiras, sen substituír a banda sonora orixinal.

 

O noso equipo de profesionais pode proporcionar a tradución orixinal dos subtítulos e a edición de subtítulos previamente existentes nunha ampla variedade de idiomas e formatos:

 

• películas
• vídeos
• DVD
• televisión
• publicidades
• presentacións institucionais

 

Diferentes clientes demandan distintos tipos de solucións de subtitulado, segundo o mercado ao que apuntan os seus produtos. Quills Language Services ofrece unha ampla variedade de solucións adaptadas ás necesidades de cada cliente, o que facilita o acceso a un enorme mundo de oportunidades.

 

A importancia dos subtítulos


 

Ampliación de mercados
Ao ofrecer produtos subtitulados incrementase o valor da súa programación e isto facilita a súa accesibilidade por parte de audiencias máis amplas que de outra maneira non poderían acceder ao contido.


Responsabilidade social
O subtitulado é un servizo que contribúe de maneira positiva á sociedade. Proporcionar contidos accesibles para as persoas con problemas auditivos supón unha responsabilidade social. Estas persoas confían nos subtítulos como medio para acceder e gozar dos mesmos recursos de televisión, cine e vídeo que as persoas con capacidades auditivas normais.

 

Aprendizaxe dun idioma
Por outra banda, a subtitulación aumenta o poder do ensino dos medios de comunicación. En todos os países existen persoas nacidas no estranxeiro e inmigrantes para os que o idioma do país no que residen non é a súa lingua nativa. Estas comunidades dependen en gran medida da programación con subtítulos para mellorar o seu dominio do idioma e familiarizarse cos costumes do país. Isto tamén beneficia os fillos dos inmigrantes. Os estudos demostran que a exposición a programacións con subtítulos a idades temperás acelera o proceso de lectura nos nenos.

 

Outras aplicacións
Os beneficios dos subtítulos esténdense máis aló das comunidades de persoas con deficiencias auditivas. A poboación en xeral está comezando a recoñecer as diversas aplicacións dos subtítulos. Por exemplo, é común ver programas subtitulados en ambientes públicos ruidosos como aeroportos, bares e salas públicas en xeral.

 

 

 

 

Si precisa servizos de subtitulado, solicite un Orzamento ou simplemente póñase en contacto connosco.