Localización de software
A localización de software é a adaptación dun programa informático para que este sexa compatible coas normas culturais e lingüísticas dunha rexión e un público en particular. Este procedemento consiste en lograr que o programa informático resulte o máis familiar posíbel para o público, mediante a utilización de convencións locais e vocabulario técnico específico. Desta maneira, os usuarios poderán utilizar as aplicacións de software no seu idioma de orixe e comprender cada un dos seus pasos.
En que pode axudar á súa empresa a localización de software?
As empresas que pretenden alcanzar diversas públicos precisan servizos de localización de software para superar as barreiras culturais que limitan o alcance dos seus produtos. Este servizo vai máis alá da tradución da interface de usuario dun produto; ten que ver coa adaptación precisa de imaxes, gráficos, códigos e mensaxes para que o público ao que vostede se dirixe poida utilizar correctamente o produto.
Por que escoller Quills Language Services para localizar o seu software?
• Dadas as crecentes esixencias do mercado, nos últimos anos Quills Language Services foi desenvolvendo a súa especialización en materia de solucións de localización de software. Traballamos cun equipo de profesionais con experiencia en diversos sistemas operativos e capaces de cumprir cos requisitos de cada proxecto en particular.
• Ademais de ofrecer servizos de tradución e interpretación, Quills Language Services especialízase na localización de software. Contamos cun equipo de profesionais con anos de experiencia e coñecementos técnicos específicos, capaces de adaptar o seu produto aos mercados aos que apunta.
• O maior desafío que presenta a localización de software é a adaptación dun produto que non foi deseñado pensando no mercado global ao que nos enfrontamos hoxe en día. Porén, o noso equipo de técnicos especializado na localización de software posúe as ferramentas precisas para que o seu produto se adapte correctamente a un mercado en particular, sen ignorar o contexto orixinal.
• Consideramos que cada proxecto de localización de software é único e, polo tanto, esixe un enfoque diferente. Tamén comprendemos a necesidade de puntualidade nos tempos de entrega. En Quills Language Services traballamos en conxunto para garantir a calidade óptima de cada traballo e a súa entrega en tempo e forma.
Se precisa servizos de localización de software, solicite un Orzamento gratuíto ou simplemente póñase en contacto connosco.

