Política de privacidade
Quills Language Services creou esta política de privacidade para demostrar o noso compromiso coa protección da privacidade e os datos dos nosos clientes e provedores. A privacidade do sitio web ubicado en www.quillslanguage.com (posteriormente, o "Sitio web") é de grande importancia para nós. Por iso establecemos esta política como medio para informar os usuarios sobre as nosas prácticas de recompilación e protección dos seus datos.
1. Recompilación de información
Que tipo de información recollemos e de que maneira a obtemos?
Recibimos información cando vostede completa calquera dos formularios que figuran no noso sitio web, como o formulario de contacto, o formulario de pedido de orzamento, a subscrición ao boletín informativo, etc. Para completar a súa solicitude precisamos saber o seu nome, o seu enderezo de correo electrónico e outros datos que dependen do tipo de formulario.
Tamén recompilamos estatísticas de uso do Sitio web, como os enderezos de Internet, os tipos de navegadores, os nomes de dominio, etc. Esta información rexístrase para axudar a diagnosticar problemas técnicos e xestionar o noso Sitio web, a fin de mellorar constantemente a calidade dos servizos que ofrecemos.
A utilización dos servizos esixe que o Sitio web almacene temporalmente datos e información do usuario. Segundo as solicitudes que realice e os servizos que seleccione, a información do usuario pode incluír:
• a ID de usuario ou o enderezo de correo electrónico e os contrasinais necesarios para autenticar o acceso a estas contas e proporcionar os servizos solicitados.
• a súa información persoal (por exemplo: nome, correos electrónicos, etc.).
• outra información persoal identificable ofrecida a Quills Language Services como resultado do interese amosado en rexistrarse ou utilizar os nosos servizos.
2. Utilización da súa información
Utilizaremos a súa información para os seguintes fins:
• Enviarlle o orzamento solicitado.
• Prestarlle os servizos solicitados e contactar con vostede para ofrecerlle servizo ao cliente ou información técnica relacionada.
• Supervisar os patróns de tráfico do cliente e do uso do sitio para optimizar o deseño, o contido e a diagramación do mesmo.
• Informarlle periodicamente sobre as melloras dos nosos servizos como os cambios funcionais no Sitio web, os servizos novos e as promocións especiais.
• Analizar as súas preferencias de navegación como parte do noso programa de marketing. Isto pode axudarnos a ofrecerlle produtos, servizos ou promocións de acordo cos seus intereses e necesidades.
3. Protección da súa información
Protexemos a súa información das seguintes maneiras:
• Non solicitaremos máis información da necesaria.
• Coa súa colaboración, procuramos manter os seus datos o máis actualizados posíbel.
• Eliminamos calquera información sobre vostede que xa non sexa relevante.
4. Páxinas de terceiros
Protexemos os seus datos contra usos non autorizados. Quills Language Services non compartirá nin divulgará a terceiros ningún tipo de información do usuario nin as comunicacións privadas por correo electrónico ou outras mensaxes que se transmitan mediante o uso dos servizos, excepto que sexa necesario para resolver un problema ou se así o esixe a lei.
No noso Sitio web encontrará enlaces a outros sitios web. Se fai clic nunha publicidade, nunha mensaxe de correo electrónico o nun enlace a outro sitio web, o anunciante ou a empresa pode recompilar a súa información. Quills Language Services non é responsable das prácticas de privacidade nin do contido de ditos sitios web. Os usuarios e os visitantes deberán verificar a declaración da política destes sitios para comprender as súas respectivas políticas. É posíbel que os usuarios e os visitantes que accedan a un sitio a través dun enlace revelen a súa información persoal. O usuario é responsable de manter a privacidade e a confidencialidade de dita información.
5. O seu consentimento
Ao completar calquera dos formularios publicados no Sitio web, vostede está consentindo a recompilación, o procesamento e o uso da información por parte de Quills Language Services.
Se ten algunha obxección con respecto a esta política de privacidade, non debe rexistrarse nin solicitar orzamentos ou información sobre os servizos que Quills Language Services ofrece a través do Sitio web.
Se non desexa que Quills Language Services siga poñéndose en contacto con vostede, escríbanos a info@quillslanguage.com. Posiblemente continúe recibindo os nosos comunicados durante un período breve até que procesemos a súa eliminación da listaxe. Ten dereito a ver a información persoal que obtivemos sobre vostede ou a súa empresa mediante unha solicitude previa por escrito.
Teña en conta que a lingua orixinal desta política de confidencialidade é o español e que as políticas nas demais linguas son traducións. Calquera conflito entre as versións deberá resolverse a través da consulta da política en español, versión que prevalece sobre todas as demais.
Se precisa información adicional sobre a presente política de privacidade ou sobre as prácticas deste Sitio web, póñase en contacto connosco a través de info@quillslanguage.com.
Si desexa obter máis información sobre a nosa empresa ou sobre os servizos que ofrecemos, visite o noso sitio web corporativo en www.quillslanguage.com.

