Perfil
Quen somos
Somos unha empresa de traducion que proporciona servizos de traducion, localizacion e interpretacion nunha ampla variedade de campos e idiomas. Os nosos tradutores e intérpretes posúen anos de experiencia profesional, son expertos tanto no seu idioma nativo como no seu segundo idioma e contan coa mellor formación vocacional dentro das súas áreas de coñecemento específicas.
En Quills Language Services contamos con profesionais capaces de levar a cabo proxectos de tradución de pequena e grande envergadura, centrándonos nas necesidades de cada cliente en particular en canto aos tipos de textos, áreas de especialización, requisitos técnicos e idiomas específicos.
O noso equipo de tradutores posúe as competencias e capacidades lingüísticas necesarias para solucionar as súas necesidades de comunicación, grazas aos seus anos de experiencia profesional e ao excelente dominio da súa lingua de orixe.
Ademais, para garantir a calidade de cada proxecto de tradución, ocupámonos de escoller o tradutor adecuado para cada cliente e asignar tradutores de apoio segundo fose necesario. Grazas a estes equipos de profesionais lingüísticos altamente cualificados, somos capaces de levar a cabo calquera tipo de proxecto, xa sexa un manual técnico de 500 páxinas ou a descrición dun produto de 4 páxinas.
Quills Language Services permite que a súa empresa alcance mercados internacionais a través de traducións especializadas en diversas linguas e áreas.
• Obxectivo
O noso obxectivo é alcanzar o nivel máis alto posible de competencia en tradución lingüística. Cada tarefa estará a cargo de profesionais que proporcionan servizos de tradución tecnicamente precisos, de acordo coas súas indicacións e cumprindo ao mesmo tempo cos prazos de entrega acordados e os orzamentos aprobados.
• Meta
A nosa meta é permitir que os nosos clientes amplíen o seu crecemento empresarial, ao proporcionarlles as ferramentas necesarias para que se comuniquen nos mercados internacionais ou locais, e con clientes de diferentes oríxes étnicas e culturais. Nós axudamos a converter as barreiras lingüísticas dos nosos clientes en exitosas ferramentas de comunicación. O servizo ao cliente e a súa satisfacción son os elementos fundamentais do noso éxito.
• Velocidade e puntualidade
Na actualidade, os negocios semellan moverse á velocidade da luz. O cumprimento duns tempos de entrega acelerados sen sacrificar unha calidade de traballo impecable, entregando a tempo e dentro do orzamento acordado, fai de Quills Language Services unha empresa na que se pode confiar. Nunca aceptamos, porén, prazos que non sexan realistas, xa que afectarían o noso nivel de desempeño.
• Calidade
Todos os clientes esperan que a axencia de tradución lle garanta unha calidade de tradución óptima. A calidade é a nosa prioridade; polo tanto, os nosos lingüistas deben atravesar un exame inicial e constantes avaliacións posteriores.
Todos os nosos esforzos están dirixidos a garantir a calidade máis alta. Para acadar este obxectivo:
"Cada tradución é realizada por un tradutor nativo do idioma de chegada do texto".
"Cada tradución é revisada e lida por outro tradutor".
Sen importar o volume, as nosas traducións revísanse rigurosamente para garantir a maior exactitude posible.
• Confidencialidade
A confidencialidade é esencial para Quills Language Services. Entendemos que o seu negocio… é o seu negocio. Polo tanto, os documentos que vostede confía á nosa axencia trátanse coa máis estrita confidencialidade.
Os nosos tradutores están suxeitos a acordos de confidencialidade, xa que xeralmente traballamos con material confidencial e non publicado durante o proceso de tradución. Sempre tomamos todas as precaucións necesarias para manter a súa información segura e a salvo.
Ademais, a información sobre os nosos clientes e as súas actividades tamén son confidenciais. Polo tanto, non a facemos pública na nosa páxina web.
Quills Language Services pode proporcionarlle o que precisa... cando o precisa.

