FAQ > Preguntas frecuentes



• P. Que é a localización?


Localización significa adaptar un obxecto a unha localidade determinada sobre a base das súas características específicas. A localización en diferentes idiomas ten que ver co proceso de adaptar un documento a unha rexión ou público determinado. Existen importantes diferenzas nos aspectos lingüísticos, como a pronuncia e a gramática, e as empresas deben ter en conta estas diferenzas, por exemplo, ao crear unha páxina web para un mercado rexional. Por outra banda, a localización de software é o proceso de adaptar programas informáticos para países e culturas onde as mensaxes que presenta un programa a un usuario deben traducirse a un idioma específico. Tamén os gráficos e as imaxes deben adaptarse para satisfacer as necesidades do público ao que se dirixen. Quills Language Services posúe anos de experiencia en ofrecer servizos de localización de páxinas web e software. O noso equipo de profesionais conta co coñecemento e as ferramentas técnicas necesarias para adaptar textos e gráficos aos estándares culturais locais. Desta xeito, o seu produto funcionará de maneira eficaz para o seu público obxectivo específico.

 

• P. Que é a maquetación?


A maquetación, autoedición, publicación de escritorio ou "desktop publishing" (DTP), en inglés, é un traballo que implica a aplicación dun software de deseño específico para crear material de publicación. Os usuarios diagraman a páxina con textos, gráficos, fotos e demais elementos visuais empregando un software de autoedición como PageMaker, QuarkXPress o Adobe Photoshop.
Moitos dos erros da tradución multilingüe non son o resultado das traducións, senón que xorden na etapa de deseño. Moitas veces, os deseñadores non comprenden a lingua estranxeira e, polo tanto, cometen erros na etapa final de produción.
O noso equipo especializado en deseño posúe ampla experiencia no manexo de QuarkXpress, Photoshop, PageMaker, FrameMaker e Dreamweaver. En Quills Language Services, o seu documento traducido lucirá exactamente como o orixinal. Unha vez que os documentos estean preparados para a súa impresión, o noso equipo de editores e lectores de proba daralle unha última revisión ao seu traballo para garantir a produción dun texto final sen erros.
Deste xeito, o noso equipo poderá garantir a calidade máis alta nos traballos de tradución listos para a súa impresión ou publicación.

 

• P. Que é a lectura de proba? Proporcionan servizos de edición e lectura de proba?


A lectura de proba é a corrección de erros gramaticais, puntuación incorrecta, espazos inapropiados e acentos que faltan ou son incorrectos, ao mesmo tempo que se garante que o texto manteña o seu formato orixinal.
O noso equipo de lectores de proba está encargado de proporcionar un control de calidade adecuado a través da revisión do texto, para garantir que non haxa nin un só erro. A lectura de proba consiste na corrección de erros ortográficos, erros de imprenta, signos de puntuación incorrectos, erros gramaticais, saltos de páxina incorrectos, falta de acentuación ou acentuación incorrecta, e na reprodución exacta do formato orixinal. Os nosos lectores de proba revisan a terminoloxía especializada, as frases, as estruturas oracionais e o contexto para reproducir o máis fielmente posible a intención do autor e acadar o obxectivo desexado.
A edición e a lectura de proba son o mellor complemento do noso servizo de tradución. A edición ou lectura de proba por parte dun profesional antes do proceso de impresión ou publicación pódelle aforrar esforzo, tempo e diñeiro.

 

• P. Que significa solicitar un orzamento?


É cando un cliente envía un pedido para analizar un proxecto de tradución co obxectivo de establecer en canto tempo se realizará e canto custará. A resposta incluirá o custo, o tempo estimado, os recursos necesarios para levalo a cabo e información da empresa.

 

• P. Que é un glosario?


Un glosario é unha lista de termos dun tema en particular que inclúe as definicións exactas de ditos termos. Contén explicacións de conceptos relevantes para un determinado campo de estudo ou acción.

 

• P. Que métodos de pagamento aceptan?


Pode pagar directamente a través dunha transferencia bancaria, a través de Paypal ou Moneybookers.

 

• P. A que idiomas traducen?


Xeralmente traducimos do e ao inglés, francés, español, portugués, alemán, italiano e chinés. Tamén pode consultarnos sobre calquera outro idioma.